sábado, 25 de maio de 2024

Multideporte (actividades extraescolares)

A actividade extraescolar multideporte é unha disciplina que trata de ofrecer unha ampla gama de deportes, onde os alumnos se poidan desenvolver as súas capacidades, sen ningún tipo de problema, e estimulando adicionalmente cada unha das aptitudes que cada deporte ofrece. 

A idea, é que a través da actividade extraescolar multideporte , os alumnos poidan optimizar a súa condición motora e perceptiva. 

Dende a ANPA de Coira ofrécese aos nenos e nenas a posibilidade de practicar esta actividade.



Patios Activos

Tras unha exhaustiva análise do comportamento dos nosos alumnos durante o tempo de recreo vimos a necesidade de transformar os nosos patios en espazos máis activos e inclusivos.
Para conseguir que o proxecto fora viable e con posibilidades de levalo a cabo, propuxéronse espazos definidos para o desenvolvemento de diferentes actividades. Os espazos de xogo no patio distribuiranse en zonas e a cada curso tocaralle unha zona que será establecida nun calendario que estará posto en cada aula. En cada zona poderase xogar a determinados xogos:
  • Xogos de pista: fútbol, baloncesto, voleibol...
  • Xogos populares: tres en raia, á goma, carreira de chapas...
  • Xogos de Rea: Brilé, a goma, a corda...

Acrosport

É un deporte acrobático-coreográfico onde se integran tres elementos fundamentais: 
  • Formación de figuras ou pirámides corporais. 
  • Acrobacias e elementos de forza, 
  • Flexibilidade e equilibrios como transicións dunha figura a outras.
Este deporte gústalle moito aos nosos alumnos e alumnas. Aquí tendes unha mostra desta actividade.


Xogade (Campo a través)

Un ano máis seguimos participando no programa de campo a través de Xogade e apostando polo fomento da actividade física e a convivencia escolar.



Relaxación e Ioga

Buscando o noso Benestar físico e emocional o  noso cole leva a cabo actividades de relaxación e ioga.


Festivais de Nadal e Fin de curso

Este ano coma novidade faremos dous festivais un en Nadal e outro de fin de curso.
No seguinte vídeo podedes ver fotos da actuación de Nadal.


Deporte Inclusivo con Misela e Fundación Enki

O alumnado do segundo ciclo de primaria participou nunha xornada de deporte inclusivo impartida pola organización Misela. Os alumnos e alumnas xogaron ao bádminton, aos bolos, ao baloncesto, ao fútbol,... pero sempre con limitacións como por exemplo unha man atada atrás, con antefaces que lle impedían a visión ou poñéndose na pel dunha persoa que ten que facer uso dunha cadeira de rodas. Fomentamos así a importancia dunha inclusión real da xente discapacitada. Resultou unha actividade moi positiva e gratificante.



Este ano tivemos o pracer de contar no centro coa fundación ENKI de ocio inclusivo que se adican a axudar, a través do deporte e do ocio, a persoas con diversidade a sentirse parte da sociedade. Os representantes desta fundación contáronnos a súa situación persoal destacando as barreiras que atoparon polo camiño e como conseguiron sortealas, ademais de transmitirnos moitas mensaxes importantes.

Explicáronnos as diferentes adaptacións para practicar os deportes como triatlon, ciclismo, baloncesto ou atletismo. Trouxeron para mostrarnos unha bicicleta adaptaba que puidemos observar e manipular. 

Agradecer ao Concello por contar con nós e darnos a oportunidade de ser partícipes desta grandiosa actividade. Foi unha experiencia moi reflexiva e inspiradora.


Carreira pola Lectura

Coma todos os anos, seguimos conmemorando o día do Libro no Ceip Portosín. Unha vez máis unificamos o deporte e a animación á lectura festexando a XV Carreira pola lectura. Tivemos con nós uns participantes moi especiais da Escola Infantil de O Parque e tamén o alumnado e profesorado do Ceip Sobrado-Nebra. Pasámolo en grande e nada mellor que promover hábitos de vida saudable e, ao mesmo tempo, fomentar a lectura. Destacar o noso recoñecemento polo esforzo realizado por parte das familias e alumnado participante e o agradecemento á colaboración do Concello do Porto Do Son.  
No seguinte vídeo podedes gozar da carreira. 

Limpeza de Praias

Outro ano máis seguimos sumándonos a unha das iniciativas propostas por ADEGA.
Facendo a XII xornada de limpeza simultánea das praias da contorna: Coira, Gafa... 




Roteiros

Este ano en colaboración co PVAD, leváronse a cabo varias andainas polos arredores do centro para coñecer mellor a nosa contorna.
Nos seguintes vídeos podedes ver os diferentes roteiros feitos este curso:




Merendas saudables


A merenda é unha comida fundamental para os nenos, xa que está relacionada cun bo rendemento no colexio. Por iso dende o cole traballamos o fomento da alimentación
saudable dende os máis pequenos ata os maiores.



Este ano como novidade no centro fixemos o 1º Froitómetro que ten coma obxectivos:
  1. Promover hábitos alimenticios saudables.
  2. Aumentar o interese pola variedade de froitas.
  3. Estimular a autonomía e a responsabilidade.
  4. Crear un ambiente positivo ao redor da merenda.  
  5. Proporcionar conciencia sobre a inxesta de froita.
  6. Estimular o traballo en equipo e a participación familiar.

Esta actividade consiste en que en cada clase haxa un froitómetro por mes. Nel os nenos e nenas anotarán cunha X se trouxeron froita.  Ao rematar o mes o gañadores recibirán un agasallo ademáis dun diploma.  
Neste enlace podedes ver o video dos premios do froitómetro: