A merenda é unha comida fundamental para os nenos, xa que está relacionada cun bo rendemento no colexio. Por iso dende o cole traballamos o fomento da alimentación
saudable dende os máis pequenos ata os maiores.
Este ano como novidade no centro fixemos o 1º Froitómetro que ten coma obxectivos:
- Promover hábitos alimenticios saudables.
- Aumentar o interese pola variedade de froitas.
- Estimular a autonomía e a responsabilidade.
- Crear un ambiente positivo ao redor da merenda.
- Proporcionar conciencia sobre a inxesta de froita.
- Estimular o traballo en equipo e a participación familiar.
Esta actividade consiste en que en cada clase haxa un froitómetro por mes. Nel os nenos e nenas anotarán cunha X se trouxeron froita. Ao rematar o mes o gañadores recibirán un agasallo ademáis dun diploma.
Neste enlace podedes ver o video dos premios do froitómetro:
Ningún comentario:
Publicar un comentario