O alumnado do segundo ciclo de primaria participou nunha xornada de deporte inclusivo impartida pola organización Misela. Os alumnos e alumnas xogaron ao bádminton, aos bolos, ao baloncesto, ao fútbol,... pero sempre con limitacións como por exemplo unha man atada atrás, con antefaces que lle impedían a visión ou poñéndose na pel dunha persoa que ten que facer uso dunha cadeira de rodas. Fomentamos así a importancia dunha inclusión real da xente discapacitada. Resultou unha actividade moi positiva e gratificante.
Este ano tivemos o pracer de contar no centro coa fundación ENKI de ocio inclusivo que se adican a axudar, a través do deporte e do ocio, a persoas con diversidade a sentirse parte da sociedade. Os representantes desta fundación contáronnos a súa situación persoal destacando as barreiras que atoparon polo camiño e como conseguiron sortealas, ademais de transmitirnos moitas mensaxes importantes.
Explicáronnos as diferentes adaptacións para practicar os deportes como triatlon, ciclismo, baloncesto ou atletismo. Trouxeron para mostrarnos unha bicicleta adaptaba que puidemos observar e manipular.
Agradecer ao Concello por contar con nós e darnos a oportunidade de ser partícipes desta grandiosa actividade. Foi unha experiencia moi reflexiva e inspiradora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario