Este mes de maio tivemos a actividade "Venres de teatro" na que cada venres o alumnado do centro foi relaizando actuacións teatrais relacionadas co PDI e tamén actuacións musicais.
xoves, 25 de xuño de 2026
MAGOSTO - XORNADA DE CONVIVENCIA
PROGRAMA "CAMIÑA E CONECTA"
O 21 de NOVEMBRO de 2025 deu comezo a 𝙰𝙲𝚃𝙸𝚅𝙸𝙳𝙰𝙳𝙴 𝙵ⵊ́𝚂𝙸𝙲𝙰 – 𝙲𝙰𝙼𝙸𝙽̃𝙰 𝙴 𝙲𝙾𝙽𝙴𝙲𝚃𝙰 no noso centro, un programa dirixido a persoas maiores onde se realizaron paseos saudables dunha hora polas contornas do municipio, en compaña do alumnado dos catro ciclos do noso centro. A través del promoveuse a realización de actividade física e a socialización, fomentando a conexión entre diferentes xeracións, ao tempo que se compartiron pílulas informativas sobre hábitos de vida saudables.
LECTURA E DEPORTE
No CEIP Portosín continuamos celebrando o Día do Libro coa nosa tradicional Carreira pola Lectura, que este ano chegou á súa décimo sétima edición e relizamos o 30 de abril deste 2026.
DEPORTE E EDUCACIÓN VIAL
Este curso 2025-2026 todo o alumnado de educación primaria desfrutou dunha xornada de educación vial por trimestre acompañados de profesionais da DXT! Na actividade recalcáronse normas básicas de circulación cando montamos en bici deixando claro que diversión e seguridade poden e deben ir sempre da man. Aprendendo de maneira divertida!
XOGADE - CAMPO A TRAVÉS
Como cada ano, o 26 de novembro de 2025, desprazámonos ata Noia para participar na Competición Xogade de campo a través.
A fume de carozo! É a mellor expresión galega para resumir como competiu o noso alumnado. O resultado foi unha gran xornada deportiva e de convivencia!




















