Tras unha exhaustiva análise do comportamento dos nosos alumnos durante o tempo de recreo vimos a necesidade de transformar os nosos patios en espazos máis activos e inclusivos.
Para conseguir que o proxecto fora viable e con posibilidades de levalo a cabo, propuxéronse espazos definidos para o desenvolvemento de diferentes actividades.
Os espazos de xogo no patio distribuiranse en zonas e a cada curso tocaralle unha zona que será establecida nun calendario que estará posto en cada aula. En cada zona poderase xogar a determinados xogos:
- Xogos de pista: fútbol, baloncesto, voleibol...
- Xogos populares: tres en raia, á goma, carreira de chapas...
- Xogos de Rea: Brilé, a goma, a corda...
Ningún comentario:
Publicar un comentario