xoves, 25 de xuño de 2026

VENRES DE TEATRO E BAILE

Este mes de maio tivemos a actividade "Venres de teatro" na que cada venres o alumnado do centro foi relaizando actuacións teatrais relacionadas co PDI e tamén actuacións musicais.



MAGOSTO - XORNADA DE CONVIVENCIA

O 21 de novembro de 2025 gozamos dunha xornada moi especial no noso centro! O alumnado participou como cada ano en diversas camiñatas pola nosa contorna, desfrutando do exercicio ao aire libre mentres compartimos momentos de convivencia.
Ademais, o alumnado de Infantil iniciou o programa "Camiña e conecta" en colaboración co SERGAS e o Concello de Porto do Son, que promove unha vida activa e saudable, animando ás persoas maiores a saír e moverse.
Membros da ANPA do centro prepararon castañas e o alumnado do FP de Actividades Físicas e Deportivas do IES de Porto do Son organizou xogos populares para o alumnado do centro e o da escola infantil da vila, que encheron o patio de movemento, risas e moita diversión.
Foi unha xornada divertida de comunidade, deporte e diversión!











PROGRAMA "CAMIÑA E CONECTA"

 O 21 de NOVEMBRO de 2025 deu comezo a 𝙰𝙲𝚃𝙸𝚅𝙸𝙳𝙰𝙳𝙴 𝙵ⵊ́𝚂𝙸𝙲𝙰 – 𝙲𝙰𝙼𝙸𝙽̃𝙰 𝙴 𝙲𝙾𝙽𝙴𝙲𝚃𝙰 no noso centro, un programa dirixido a persoas maiores onde se realizaron paseos saudables dunha hora polas contornas do municipio, en compaña do alumnado dos catro ciclos do noso centro. A través del promoveuse a realización de actividade física e a socialización, fomentando a conexión entre diferentes xeracións, ao tempo que se compartiron pílulas informativas sobre hábitos de vida saudables.

A actividade realizouse os venres ás 10:30 horas aproximadamente.
Tralos paseos, en venres alternos no propio CEIP de Portosín, comparteuse unha merenda saudable entre todas as persoas participantes, resolvendo dúbidas sobre os alimentos utilizados, as cantidades recomendadas (prato de Harvard) e promovendo unha alimentación saudable entre a poboación.
Participouse nesta actividade no primeiro e segundo trimestre deste curso 2025-2026 organizado entre o Sergas e o concello de Porto do Son.









LECTURA E DEPORTE

No CEIP Portosín continuamos celebrando o Día do Libro coa nosa tradicional Carreira pola Lectura, que este ano chegou á súa décimo sétima edición e relizamos o 30 de abril deste 2026.

Foi unha xornada chea de participación, onde unimos lectura e deporte acompañados, como vén sendo habitual, polos compañeiros e compañeiras da Escola Infantil de O Parque e do CEIP Sobrado-Nebra. Ademais. Nesta edición innovamos cunha carreira de orientación para o alumnado de primaria, engadindo novos retos e aprendizaxes á experiencia.
Queremos agradecer especialmente ao ciclo medio de deportes do Concello de Porto do Son pola súa participación, así como ao Concello pola súa colaboración coa achega de auga e merendas.
Grazas tamén a todas as familias polo apoio constante. Actividades coma esta axudan a fomentar hábitos saudables e o gusto pola lectura desde as primeiras etapas.
Parabéns a todos e todas as participantes! Vémonos na seguinte!



DEPORTE E EDUCACIÓN VIAL

Este curso 2025-2026 todo o alumnado de educación primaria desfrutou dunha xornada de educación vial por trimestre acompañados de profesionais da DXT!
Na actividade recalcáronse normas básicas de circulación cando montamos en bici deixando claro que diversión e seguridade poden e deben ir sempre da man.
Aprendendo de maneira divertida!










XOGADE - CAMPO A TRAVÉS

Como cada ano, o 26 de novembro de 2025, desprazámonos ata Noia para participar na Competición Xogade de campo a través.

A fume de carozo! É a mellor expresión galega para resumir como competiu o noso alumnado. O resultado foi unha gran xornada deportiva e de convivencia!








xoves, 8 de maio de 2025

Plan de Actividades Físicas e Hábitos Saudables

 INTRODUCIÓN

 Enmarcado dentro do Plan Proxecta + (iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade), con este proxecto pretendese mellorar os hábitos de vida activa e saudable do centro, buscando o incremento diario de actividade física que realizan os nosos alumnos e alumnas, tanto dentro como fóra do centro. No CEIP Portosín, poñémonos en marcha para crear dinámicas e actividades dende os distintos equipos para fomentar a creación e adquisición destes hábitos orientados a consecución de obxectivos como:

  • Incrementar a participación en actividades físico-deportivas en horario non lectivo.
  • Manter ou mellorar o estado de saúde a través da adquisición de hábitos de vida activos e saudables.

  • Potenciar os xogos motores como instrumento base da educación.

  • Dar a coñecer aos nenos e ás nenas diferentes disciplinas deportivas mediante actividades lúdicas de carácter global.

  • Fomentar a práctica de actividade física como hábito saudable necesario na sociedade actual..

  • Loitar contra a inactividade física e o sedentarismo, creando hábitos que perduren fora do centro escolar e ao longo de toda a vida, dende a infancia ata a vellez.

  • Dinamizar e promover os hábitos de vida activa e saudable, rentabilizando os recursos existentes na contorna do centro (públicos e privados).

  • Seguir mellorando dentro do centro educativo unha filosofía de hábitos e conductas para una vida saudable.

  • Dar a coñecer á comunidade educativa, a través dun blog, web do centro etc. de todas as accións que se realizan no marco da participación neste programa e como medio dinamizador dos obxectivos do mesmo.

  • Utilizar as novas tecnoloxías para o fomento e seguimento de hábitos saudables.