Outro ano máis a Asociación Misela deleitounos cunha xornada de xogos populares.
martes, 26 de novembro de 2024
martes, 19 de novembro de 2024
Roteiros 2024-2025
Pasiño a pasiño faise o camiño" Enmarcado tanto no PDI anual do centro coma no Proxecto vida activa e deportiva, iniciamos as primeiras etapas da nosa peregrinaxe.
venres, 8 de novembro de 2024
Magosto 2024
Outro ano máis o tempo non nos acompañou pero isto non é motivo para non celebrar o noso "MAGOSTO".
luns, 28 de outubro de 2024
Limpeza de Praias 2024
Coma cada curso seguimos sumándonos a esta iniciativa proposta pola asociación ADEGA. Hoxe tivemos a XIII xornada de limpeza simultánea das praias da contorna que adiamos o pasado venres pola choiva: actuamos nas praias do Con, de Coira e da Gafa. Contamos coa axuda de varias familias e tamén coa do Concello que nos facilitou sacos do lixo e luvas para os adultos. Moitas grazas a todas/os!
martes, 11 de xuño de 2024
III Feirón Mariñeiro
Durante todo este curso estivemos traballando o PDI de "Música e Arte" e a culminación deste proxecto vese reflexado neste vídeo do III FEIRÓN MARIÑEIRO.
Agradecer de antemán a todos os organismos e persoas que se esforzaron e colaboraron para que este proxecto puidérase levar a cabo.
Moitas grazas á ANPA, ó Concello, á Confraría de pescadores, á Asociación de empresarios de Portosín e a todos os membros da Comunidade Educativa.
venres, 7 de xuño de 2024
I Xornada de convivencia coa Escola de Nebra
Hoxe todo o cole de Portosín foi gozar dunha espectacular xornada de convivencia á Escola veciña de Nebra. Alí, a rapazada e os profes desta escola tíñannos preparados unha morea de xogos adaptados a cada idade. Con esta actividade tanto os nenos e nenas como o profesorado puidemos coñecernos máis e compartir novas experiencias.
xoves, 30 de maio de 2024
Baile
O baile é unha forma emocionante e social de exercitar o corpo. Co baile non só exercitas o corazón, axudas a fortalecer os ósos e músculos, e a mellorar o equilibrio.
E dado que bailar é tan divertido, podes esquecer que estás a facer exercicio.
Velaquí un exemplo:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)