martes, 19 de novembro de 2024

Roteiros 2024-2025

Pasiño a pasiño faise o camiño" Enmarcado tanto no PDI anual do centro coma no Proxecto vida activa e deportiva, iniciamos as primeiras etapas da nosa peregrinaxe.

     



venres, 8 de novembro de 2024

Magosto 2024

Outro ano máis o tempo non nos acompañou pero isto non é motivo para non celebrar o noso "MAGOSTO".


luns, 28 de outubro de 2024

Limpeza de Praias 2024

 Coma cada curso seguimos sumándonos a esta iniciativa proposta pola asociación ADEGA. Hoxe tivemos a XIII xornada de limpeza simultánea das praias da contorna que adiamos o pasado venres pola choiva: actuamos nas praias do Con, de Coira e da Gafa. Contamos coa axuda de varias familias e tamén coa do Concello que nos facilitou sacos do lixo e luvas para os adultos. Moitas grazas a todas/os!



martes, 11 de xuño de 2024

III Feirón Mariñeiro

Durante todo este curso estivemos traballando o PDI de "Música e Arte" e a culminación deste proxecto vese reflexado neste vídeo do III FEIRÓN MARIÑEIRO. 

Agradecer de antemán a todos os organismos e persoas que se esforzaron e colaboraron para que este proxecto puidérase levar a cabo. 
Moitas grazas á ANPA, ó Concello, á Confraría de pescadores,  á Asociación de empresarios de Portosín e a todos os membros da Comunidade Educativa.


venres, 7 de xuño de 2024

I Xornada de convivencia coa Escola de Nebra

Hoxe todo o cole de Portosín foi gozar dunha espectacular xornada de convivencia á Escola veciña de Nebra. Alí, a rapazada e os profes desta escola tíñannos preparados unha morea de xogos adaptados a cada idade. Con esta actividade  tanto os nenos e nenas  como  o profesorado puidemos coñecernos máis e  compartir novas experiencias.


xoves, 30 de maio de 2024

Baile

 O baile é unha forma emocionante e social de exercitar o corpo. Co baile non só exercitas o corazón, axudas a fortalecer os ósos e músculos, e a mellorar o equilibrio. 
E dado que bailar é tan divertido, podes esquecer que estás a facer exercicio.
Velaquí un exemplo:



sábado, 25 de maio de 2024

Multideporte (actividades extraescolares)

A actividade extraescolar multideporte é unha disciplina que trata de ofrecer unha ampla gama de deportes, onde os alumnos se poidan desenvolver as súas capacidades, sen ningún tipo de problema, e estimulando adicionalmente cada unha das aptitudes que cada deporte ofrece. 

A idea, é que a través da actividade extraescolar multideporte , os alumnos poidan optimizar a súa condición motora e perceptiva. 

Dende a ANPA de Coira ofrécese aos nenos e nenas a posibilidade de practicar esta actividade.