martes, 11 de xuño de 2024

Plan de Actividades Físicas e Hábitos Saudables

 INTRODUCIÓN

 Enmarcado dentro do Plan Proxecta + (iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade), con este proxecto pretendese mellorar os hábitos de vida activa e saudable do centro, buscando o incremento diario de actividade física que realizan os nosos alumnos e alumnas, tanto dentro como fóra do centro. No CEIP Portosín, poñémonos en marcha para crear dinámicas e actividades dende os distintos equipos para fomentar a creación e adquisición destes hábitos orientados a consecución de obxectivos como:

  • Incrementar a participación en actividades físico-deportivas en horario non lectivo.
  • Manter ou mellorar o estado de saúde a través da adquisición de hábitos de vida activos e saudables.

  • Potenciar os xogos motores como instrumento base da educación.

  • Dar a coñecer aos nenos e ás nenas diferentes disciplinas deportivas mediante actividades lúdicas de carácter global.

  • Fomentar a práctica de actividade física como hábito saudable necesario na sociedade actual..

  • Loitar contra a inactividade física e o sedentarismo, creando hábitos que perduren fora do centro escolar e ao longo de toda a vida, dende a infancia ata a vellez.

  • Dinamizar e promover os hábitos de vida activa e saudable, rentabilizando os recursos existentes na contorna do centro (públicos e privados).

  • Seguir mellorando dentro do centro educativo unha filosofía de hábitos e conductas para una vida saudable.

  • Dar a coñecer á comunidade educativa, a través dun blog, web do centro etc. de todas as accións que se realizan no marco da participación neste programa e como medio dinamizador dos obxectivos do mesmo.

  • Utilizar as novas tecnoloxías para o fomento e seguimento de hábitos saudables.


Ningún comentario:

Publicar un comentario