Este ano fixemos a II Xornada de convivencia intercentros co Ceip Sobrado de Nebra e o Ceip Alexandre Cadarso.
venres, 11 de abril de 2025
venres, 4 de abril de 2025
Merendas Saudables "Froitómetro"
O consumo de froita sempre é unha aposta segura para a nosa saúde, e por iso, seguimos apostando polo noso ‘foitómetro’. Neste video podemos ver a entrega de premios aos estudantes que máis froita consumiron durante o curso.
mércores, 5 de febreiro de 2025
Xogade 2025
Continuamos participando no programa de campo a través de Xogade e apostando polo fomento da actividade física e a convivencia escolar.
martes, 26 de novembro de 2024
Deporte Inclusivo coa Asociación Misela
Outro ano máis a Asociación Misela deleitounos cunha xornada de xogos populares.
martes, 19 de novembro de 2024
Roteiros 2024-2025
Pasiño a pasiño faise o camiño" Enmarcado tanto no PDI anual do centro coma no Proxecto vida activa e deportiva, iniciamos as primeiras etapas da nosa peregrinaxe.
venres, 8 de novembro de 2024
Magosto 2024
Outro ano máis o tempo non nos acompañou pero isto non é motivo para non celebrar o noso "MAGOSTO".
luns, 28 de outubro de 2024
Limpeza de Praias 2024
Coma cada curso seguimos sumándonos a esta iniciativa proposta pola asociación ADEGA. Hoxe tivemos a XIII xornada de limpeza simultánea das praias da contorna que adiamos o pasado venres pola choiva: actuamos nas praias do Con, de Coira e da Gafa. Contamos coa axuda de varias familias e tamén coa do Concello que nos facilitou sacos do lixo e luvas para os adultos. Moitas grazas a todas/os!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)